En municipios con poboación inferior a 10.000 habitantes
-En cascos históricos
-Vivendas de protección autonómica.
20 % do prezo de venda (sen incluir os gatos e tributos) ata un máximo de 20.000€
– 10.800 € por vivenda-municipios de menos de 10.000 habitantes
– De 10.800 € a 15.000 €, cando sexan vivendas en cascos históricos
-De 12.000 a 20.000 no caso de vivendas de protección autónomica.
Beneficiarios
Persoas físicas maiores de idade que cumpran os seguintes requisitos:
- Posuir a nacionalidade española. No caso de estranxeiros deben contar coa autorización de residencia
- Ter menos de 36 anos no momento da solicitude ou da escritura de compravenda, no caso de adquisición de vivendas en municipios de menos de 10.000 habitantes.
- Ter subscrito con posterioridade ao 31 de octubre de 2023 un contrato privado ou escritura pública de adquisición de vivenda que cumpra as seguintes condicións: que a vivenda se ubique nun municipio galego cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes. Para a adquisición
de vivendas en cascos históricos e de protección autonómica , ter subscrito contrato ou escritura con posterioridade ao 2 de outubro de 2023. - Que o prezo de adquisición (incluidos anexo e excluidos gastos e tributos) non supere os 120.000 , no caso de vivendas en mucipios de menos de 10000 habitantes nin tampouco os fixados como máximos para vivendas en cascos históricos.
- Que se trate dunha vivenda xa construida.
- Que o solicitante e demáis membros da unidade de convivencia estean empadroados na vivenda adquirida
- Que as rendas da unidade de convivencia non superen determinados límites.
- Que non teñan débedas coa Administración.
- Que ningunha das persoas integrantes da unidade de conviencia sexan
propietarias/usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español.
Obrigas:
Entre outras,
-Destinar a vivenda a residencia habitual e permanente por un prazo mínimo de
5 anos.